As alumnas e
alumnos de 5º de educación infantil, están encantados con todo o que están a
aprender dos animais salvaxes.
Fixeron un novo descubrimento: hai animais que
na súa pel teñen debuxadas raias. Algúns teñen raias ou liñas rectas como os
antílopes e outros teñen debuxadas liñas curvas como as cebras. Tamén hai
animais que a súa forma anatómica é curva,
como o camelo ou o dromedario, aínda que
as patas dianteiras son liñas rectas.
Ufff, canto temos que aprender!
Como son moi
creativos, utilizaron diferentes formas para representar as liñas curvas e
rectas: con pictogramas, con pasta de
modelar, co propio corpo, con rotuladores, ceras, con xoguetes, coas pizarras
borrables, no chan, con labirintos,
creando formas xeométricas, percorrendo circuítos, con lá... etc. unha
morea de ideas!
Tamén mergulláronse no mar para descubrir que animais habitan nesa contorna natural e así
aprender unha morea de cousas sobre eles.
Descubriron estrelas de mar, peixes pallas, polbos, baleas, golfiños, quenllas, peixes trompeta e peixes globo.
Utilizaron
diferentes recursos e materiais: area, ceras, pinturas de cores, collage,
plastilina, témpera, rotuladores...etc. son grandes artistas como veredes!
Aquí tendes os
seus traballos, desfrutádeos!
E acabaron “viaxando ao deserto,” porque seguimos a afondar
no tema dos animais salvaxes, para investigar que podían atopar alí: animais,
persoas, plantas, clima, alimentación, vestimenta, culturas, etc.
Utilizaron
técnicas e materiais moi diversos: area, pan raiado, xoguetes, materiais de reciclaxe, obxectos cotiás,
escenificacións, plastilina, vídeos, debuxos, etc.
Aquí vos deixo os
seus traballos, esperamos que vos gusten!
Premede nas imaxes para ver máis fotos e vídeos.