As alumnas e
alumnos de 5º de educación infantil seguen a investigar sobre ANIMAIS
SALVAXES. Nesta ocasión, o animal
elixido foi o LEÓN.
E desta vez, empregamos un novo recurso educativo que non
tiñamos utilizado nunca na aula, un
MUSICOGRAMA. A obra seleccionada foi: “EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES. LA MARCHA
DE LOS LEONES”, do compositor Camille Saint-Saens.
Un MUSICOGRAMA é
unha ferramenta que se usa para ensinar música clásica ás nenas e nenos. Facilita
a escoita e comprensión nas audicións de
forma activa e divertida.
Con debuxos,
represéntanse as distintas partes, melodías e instrumentos que aparecen na obra
musical escollida.
Deste xeito, o
MUSICOGRAMA, acompaña e completa a partitura ao tempo que axuda ás nenas e
nenos a fixarse nos detalles.
A partires do
musicograma fixeron unha morea de actividades para
familiarizarse coa música clásica ao tempo que aprenderon moitas cousas sobre
os LEÓNS.
As nenas e nenos
empregaron técnicas e recursos diversos para levar a cabo as súas actividades:
conversas, adiviñas, dramatizacións, contos musicados, debuxos, plastilina,
audicións de sons, linguaxe escrita, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario