"A Biblio Bonita"
Os nenos de 4 e 5 anos inauguraron biblioteca na súa nova aula.
Decidiron chamala "A Biblio bonita" porque ten libros moi divertidos e bonitos, cos que se aprenden moitas cousas,
as gabetas onde se gardan están decoradas con pegatinas e todos os libros están moi ben ordenados,
e hai unha alfombra de cores onde sentar a ler comodamente.
Todos os días poden desfrutar deste recuncho tan especial, coller un libro e "lelo", contarllo aos compañeiros, descubrir cousas novas e interpretalas á súa maneira, e deixar voar a súa imaxinación...
Ningún comentario:
Publicar un comentario