Hoxe os maiores foron á biblioteca e, por fin, estrearon o servizo de préstamo de libros que con tanta ilusión esperaban.
Co seu novo carné de usuarios nunha man e o libro elixido na outra, agardaron moi formais a que lles chegase a quenda de formalizar o préstamo.
Logo metérono na mochila "Hora de ler" para levalo a casa sen maltratalo e poder disfrutar nos seus fogares dun momento compartido de lectura con toda a familia.
E lembrade:
Podedes levar un libro cada mércores.
Debedes devolvelo antes do seguinte mércores para poder levar outro.
Tedes que coidalo moito, moito para que non se estrague e outros nenos poidan seguir gozando del.
Ningún comentario:
Publicar un comentario