Educación Infantil do CEIP A Carballeira de Lourizán (Pontevedra)
6 de outubro de 2016
Presentámosvos a Pam
Esta semana, na aula de tres anos, tivemos un agasallo moi especial, unha mascota chamada Pam! A través dela empezamos a traballar dúas das emocións básicas: alegría e tristura.
E tamén coñecemos e fixemos ao seu mellor amigo, o rato Chiño. Miúdos artistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario