30 de novembro de 2016

O mércores, froita!

Como xa sabedes, este curso, e o pasado tamén, estamos a traballar o noso proxecto "Alimentación saudable". 
No cole tratamos de fomentar o consumo de froitas frescas e por iso implantamos o día da froita: todos os mércores recomendamos traer unha peza de froita para a merenda.

Este divertido vídeo da Fundación Mapfre nos ensina a necesidade, importancia e beneficios de comer cada día froitas (e verduras), e como estas protexen a nosa saúde e axúdannos a medrar sans, fortes e cheos de enerxía



28 de novembro de 2016

Feliz aniversario Dante!!!

Hoxe temos de aniversario a Dante, que cumpre tres anos.
Festexouno cos seus compañeiros repartindo unhas lambetadas deliciosas.


Parabéns Dante!!!

25 de novembro de 2016

Etapas na adquisición da lectura


Diversos autores estudaron o proceso da adquisición do mecanismo da lectura, e observaron varias fases no mesmo.

Primeira Etapa: LOGOGRÁFICA:
Recoñecemento de escrituras globais: COCA-COLA McDONALDS, sen decodificación. Aquí non hai verdadeira lectura senón un recoñecemento da forma visual ou logo, hai "actitude de lectura" pero non hai correspondencia grafema-fonema (letra-son). 



Segunda Etapa: ALFABETICA: 
Comprensión do principio alfabético: asociación grafema-fonema (letra-son) , etapa de decodificación fonológica.
O neno le articulando por fonemas ou sílabas: MEEE-SAAA    ME SA! 


É importante remarcar que a lectura para que sexa "verdadeira lectura" debe iniciarse fonológicamente
A lectura iníciase na fase chamada "ALFABETICA" ou "FONOLÓXICA"





Terceira Etapa: ORTOGRAFICA: 
Recoñecemento de patróns ortográficos, necesario para a lectura fluída.
O neno capta grupos de letras e logo palabras nun só golpe de vista. ME-SA MESA.


Cuarta Etapa: FLUÍDA-EXPRESIVA: 
Lectura do texto tendo en conta a puntuación, expresión e o contexto. Implica o acceso directo á semántica e un control automático do proceso de decodificación

Turi visita a casa de Iris

Esta fin de semana vai ser especial na casa de Iris. Turi estará alí de visita e o pasarán sensacional.

 

Mochilas viaxeiras: Hugo e Breixo

As mochilas viaxeiras estarán estes días nas casas de Hugo e de Breixo.Esperamos que pasedes moi bos momentos con elas.

 

22 de novembro de 2016

Etapas na adquisición da escritura

Todas as familias están preocupadas polo proceso lecto-escritor dos seus fillos polo que esta información pódelles resultar interesante.

Aquí tedes as etapas no desenvolvemento da escritura infantil (Teberosky e Ferreiro) e unha aproximación das idades nas que se presentan:


 ETAPA PRESILÁBICA:
- Escritura indiferenciada: Os nenos non distinguen as grafías dos debuxos. (Farán o mesmo garabato para debuxar algo que para escribilo) 
- Escritura diferenciada:  Imitan as letras que ven, copiando dun modelo, pero sen ter conciencia real do que escriben.



ETAPA SILÁBICA: Comezan a establecer relacións entre o son das palabras e o seu grafismo. Identifican a sílaba, pero adoitan representala cunha soa letra (normalmente vogais, que para eles teñen maior sonoridade)



ETAPA SILÁBICO ALFABÉTICA: Establecen correspondencias entre as sílabas e o que escriben, pero non son capaces de segmentar todos os elementos sonoros da palabra, o que fai que deixen sen escribir algunhas letras.


ETAPA ALFABÉTICA: Recoñecen unha correspondencia alfabética a cada son da palabra, tanto consonantes como vogais, aínda que deberán aprender a ortografía correcta.



Agora ben,  este non é o punto final do proceso, xa que logo enfrontaranse con outras dificultades (ortografía, separación de palabras, etc.).




20 de novembro de 2016

Día Universal do Neno

Todos os 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno. Unha data que nos lembra que tal día como hoxe, en 1959,  a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno, unha convención que consta de 10 principios: o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación...


Que se cumplan é responsabilidade dos adultos.


E aquí Lulila, Lucho, Lupita e demais Lunnis cántannos este tema que fala dos dereitos da infancia:



19 de novembro de 2016

Pam e Mina van de visita

Mirade que contentas están Pam e Mina. E sabedes por que? Porque esta fin de semana estarán con Iago e Athenea  e o pasarán estupendamente. Sen dúbida!

 

17 de novembro de 2016

Bea, Álex e Teo no Diario de Pontevedra!

Non só Xabi e Breixo saíron nos xornais. Tamén Bea, Álex e Teo ilustraron a noticia no Diario de Pontevedra. O Seminario de alimentos saudables organizado pola asociación Anedia no comedor do noso cole amais de contar coa presenza de concelleira de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces, reuniu a varios medios de comunicación e a proba diso témola aquí:



 E aquí tedes outro vídeo da Fundación para a Diabetes para dar a coñecer a diabetes tipo 1 na contorna escolar e evitar as posibles situacións de discriminación cara aos nenos con diabetes.



O poeta do Miño

Este martes os Pequerrech@s de Infantil e o alumnado de 1º e 2º de Primaria participaron nunha actividade promovida polo Concello de Pontevedra: O poeta do Miño
Enrique Mauricio como narrador e Carlos Taboada como ilustrador trouxéronnos este conto inspirado no poemario O Miño canle de luz e néboa  de Manuel María, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.


Remataron cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María. Baixo as indicacións de Carlos, todos demostraron que son uns excelentes ilustradores. 


E os debuxos de Carlos quedaron decorando o noso corredor despois de que os Pequerrech@s lles desen o seu toque de cor.


Podedes ver máis fotos premendo aquí.

Enquisa Inicial: PDI "Alimentación saudable"

No blogue da biblio "O murmurio das palabras" tedes unha enquisa relacionada co noso PDI "Alimentación saudable" na que se pretenden recoller datos para poder adaptar os seus contidos e actividades aos intereses do alumnado.
Podedes premer na imaxe para acceder ao formulario:


16 de novembro de 2016

Xabi e Breixo no Faro!

O pasado 14 de novembro celebrouse o Día Mundial da Diabetes e o noso cole foi elexido pola Asociación de Nenos con Diabete de Galicia, Anedia, para levar a cabo un seminario de alimentos saudables, unha iniciativa para que os nenos vexan como se realiza o cálculo de hidratos de carbono, fundamental na alimentación dos pequenos con diabetes tipo 1.
E para ilustrar esta interesante actividade nada mellor que Xabi e Breixo dando boa conta do menú do noso comedor escolar.


Podedes ler a noticia no xornal Faro de Vigo premendo aquí.

E aquí tedes  un divertido capítulo de Caillou falando do tema. 


12 de novembro de 2016

E chegou o Magosto!

Por fin chegou o día da gran festa do outono!
Demostrastes coas vosas manualidades que sodes uns grandísimos artistas: follas de todas as cores e tamaños, landras, castañas, noces, pauciños, piñas... un pouco de cola ou pintura e unha obra de arte está feita.


Podédelo comprobar admirando a exposición que estará toda a semana no corredor de Infantil.
Tedes todas as fotos das manualidades premendo aquí. 

E o día de San Martiño houbo de todo: castañas asadas, bocadillos de chourizo á brasa, xogos divertidísimos ...ata o tempo deunos un respiro e non caeu nin unha pinguiña de chuvia. Un día perfecto!!!



Podedes ver máis fotos premendo aquí.

Pam e Turi van de visita

Esta fin de semana Pam e Turi visitarán as casas de Dante e Joel, coñecerán ás súas familias e o pasarán xenial. Seguro!

9 de novembro de 2016

Feliz aniversario Bea!!!

Hoxe temos de aniversario a Bea, que cumpre cinco anos.

 Para celebralo trouxo unha riquísima torta de biscoito, nata e froitas que compartiu con todos os Pequerrech@s. 
Non quedou nin unha migalla!

Todos lle cantáron "Parabéns para ti" e "Cumpleaños feliz" e fixéronlle uns preciosos debuxos de agasallo.

 Parabéns Bea!!!

Que ben recitan estos pequenos!

"A poesía é unha excelente ferramenta para estimular a aprendizaxe, mellorar o vocabulario e fortalecer os vínculos afectivos. De feito, a poesía infantil é moito máis que un entretemento, é un recurso educativo que estimula o desenvolvemento emocional, cognitivo e comunicativo, á vez que potencia a adquisición de novos coñecementos e valores estéticos".

Velaquí aos Pequerrechos de tres anos nos seus primeiros pasos como recitadores:

Pequerrechos da Carballeira: Mauro from Educación Infantil on Vimeo.

                                         
 Pequerrech@s da Carballeira: Pablo from Educación Infantil on Vimeo.

Continuará...

8 de novembro de 2016

Mochilas viaxeiras: Isabel e Manuel

Hoxe, a Isabel e Manuel  tocoulles o turno de levar ás súas casas as mochilas viaxeiras.


Esperamos  que os divirtades moito con elas.

7 de novembro de 2016

Preparando o Magosto

"Castaña, castaña, do chan se apaña, 
metida no ourizo non é unha «patraña».
Magosto, magosto, non vaias co posto 
leva castañas e alegra ese corpo..."

E vos, xa tedes todo preparado para o Magosto?
Non vos esquezades, este venres teremos outra vez festa rachada no cole.

E aqui tedes estas cancións para irvos animando

 

 

 

Manualidades de outono

Xa comezamos a recibir as primeiras manualidades de outono. Mirade que cousas tan chulas están a traernos os nosos Pequerrech@s.


5 de novembro de 2016

Pam e Mina van de visita

Esta fin de semana Pam vai visitar a casa de Ánxo e Mina estará na de Andrés.

Xa estamos a desexar que nos conten todas as súas aventuras xuntos.  

3 de novembro de 2016

Benvido outono!

Hoxe fomos ao patio a recoller algunhas follas de outono para  varias actividades que imos facer na aula. 


O que non puidemos evitar foi a tentación de xogar un intre con elas.


Foi super divertido!!!


Tedes todas as fotos aquí.

2 de novembro de 2016

Turi visita a casa de Bea

Esta fin de semana, Turi visitou a casa de Bea.


Como foi unha fin de semana tan longa, deulles tempo a facer moitísimas cousas: compartiron os xoguetes, a comida e a cama, foron a patinar xuntos, á biblioteca pública e ao parque, á casa dos avós...



 Foi unha fin de semana fantástica!