Educación Infantil do CEIP A Carballeira de Lourizán (Pontevedra)
16 de novembro de 2016
Xabi e Breixo no Faro!
O pasado 14 de novembro celebrouse o Día Mundial da Diabetes e o noso cole foi elexido pola Asociación de Nenos con Diabete de Galicia, Anedia, para levar a cabo un seminario de alimentos saudables, unha iniciativa para que os nenos vexan como se realiza o cálculo de hidratos de carbono, fundamental na alimentación dos pequenos con diabetes tipo 1. E para ilustrar esta interesante actividade nada mellor que Xabi e Breixo dando boa conta do menú do noso comedor escolar.
Podedes ler a noticia no xornal Faro de Vigo premendo aquí. E aquí tedes un divertido capítulo de Caillou falando do tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario