Este venres festexamos o Entroido. Sin esquecer a temática do noso PDI "Alimentación saudable", a ANPA da Carballeira traballou arreo durante semanas para que todos os nenos e nenas do cole puidesen lucir fantásticos disfraces. Moitas grazas pola vosa inestimable colaboración.
E aquí tedes os dos Pequerrech@s: a nai galiña cos seus pitiños, a pescadora cos peixiños e un repoludo labrego coas súas cenorias
Aproveitando o bo tempo fixemos o desfile no patio.
Logo chegou a hora de degustar os doces preparados polas familias: orellas, filloas, frores... e a chololatada realizada no cole. Ummmm... Estaba todo boísimo!!!
E para rematar, xogos divertidísimos. Os Pequerrech@s pasámolo xenial coas cadeiras musicais.
Non faltou nadiña na grande festa da comunidade educativa do CEIP A Carballeira. Parabéns a tod@s!!!
Tedes todas as fotos premendo na imaxe.
26 de febreiro de 2017
24 de febreiro de 2017
24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro
"Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laiño,
pola banda de Lestrove"
Tal día como hoxe, hai 180 anos, naceu Rosalía de Castro.
Por toda Galicia celébranse multitude de homenaxes na honra da nosa máis universal poetisa e os Pequerrech@s queremos lembrala con estes versos do seu poema "Como Chove miudiño"

23 de febreiro de 2017
Mochilas viaxeiras: Dante
Así de feliz está Dante porque hoxe levou para casa a mochila viaxeira.
Xunto coa súa familia poderá divertirse lendo os contos, mirando a película ou facendo as manualidades.
Xunto coa súa familia poderá divertirse lendo os contos, mirando a película ou facendo as manualidades.
20 de febreiro de 2017
#RosalíaTe (3)
Xa temos aquí as fotos que mandastes para #RosalíaTe.
Agradecemos o entusiasmo co que as familias acollestes a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar este ano o Día de Rosalía de Castro.
Parabéns!!!
Agradecemos o entusiasmo co que as familias acollestes a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar este ano o Día de Rosalía de Castro.
Parabéns!!!
3, 2, 1....Entroido!!!
Xa está aquí o Entroido. Comeza unha semana chea de diversión. Xa estamos quentando motores ao son que nos marca Mariano, o noso esquelete favorito. Hoxe tivemos que traer traer algo para a cabeza, mañá toca algo para o pescozo, o mércores no peito e o xoves na cintura.
E non vos esquezades, o venres haberá de todo: disfraces, música, doces, chocolatada, xogos e baile.
Non volo perdades!!!
E non vos esquezades, o venres haberá de todo: disfraces, música, doces, chocolatada, xogos e baile.
Non volo perdades!!!
18 de febreiro de 2017
Pam e Mina van de visita
Así de contentas están Pam e Mina porque esta fin de semana volven as casas de Anxo e Hugo, farán un montón de cousas xuntos e o pasarán xenial.
15 de febreiro de 2017
PDI: Os lácteos.
Así como o curso pasado centramos o noso traballo nos cereais, esta vez son os lácteos o eixo do noso proxecto.
E en plena fase de investigación hoxe estivemos a buscar información sobre os animais que nos dan leite porque como todos sabemos, e Mika cóntanolo moi ben neste vídeo, o leite non ven da caixiña.
E en plena fase de investigación hoxe estivemos a buscar información sobre os animais que nos dan leite porque como todos sabemos, e Mika cóntanolo moi ben neste vídeo, o leite non ven da caixiña.
Doki explícanos tamén todo o proceso que segue o leite ata que chega á nosa mesa.
13 de febreiro de 2017
12 de febreiro de 2017
#RosalíaTe (2)
Xa estamos a recibir as primeiras fotografías para #RosalíaTe.
Animádevos a participar, aínda estades a tempo.
11 de febreiro de 2017
Ponlle as pilas ao teu bocata
Este venres os Pequerrech@s, xunto co aumnado de 1º e 2º de
primaria, participamos unha actividade organizada pola Consellería do Medio
Rural e do Mar.
"Ponlle as pilas ao teu bocata" é unha campaña destinada a fomentar o consumo de conservas do mar elaborando bocadillos saudables.
"Ponlle as pilas ao teu bocata" é unha campaña destinada a fomentar o consumo de conservas do mar elaborando bocadillos saudables.
Dúas PANS (Profesoras da Alimentación e a Nutrición Saudable) ensináronnos o importante que son as conservas de produtos do mar e continuaron cun xogo interactivo onde comprobamos a importancia do atún, a sardiña,o mexillón... para a nosa saúde.
Deseguida cada un escolleu os ingredientes para elaborar o
seu bocata: atún, sardiñas, mexillóns, chocos, leituga, tomate, millo, olivas,
cenorias e maionesa.
Tamén recibimos como agasallo un folleto explicativo de como
facer os mellores bocatas e unha gorra chulísima.
De volta as aulas, demos boa conta dos nosos bocadillos.
Estabanche ben gustosos!!!
Na ligazón da campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” tedes receitas,
consellos, xogos interactivos e moitas cousas máis.
Tedes todas as fotos aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)