11 de febreiro de 2017

Ponlle as pilas ao teu bocata



Este venres os Pequerrech@s, xunto co aumnado de 1º e 2º de primaria, participamos unha actividade organizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar. 
"Ponlle as pilas ao teu bocata" é unha campaña destinada a fomentar o consumo de conservas do mar elaborando bocadillos saudables.



Dúas PANS (Profesoras da Alimentación e a Nutrición Saudable) ensináronnos o importante que son as conservas de produtos do mar e continuaron cun xogo interactivo onde comprobamos a importancia do atún, a sardiña,o mexillón... para a nosa saúde.




Deseguida cada un escolleu os ingredientes para elaborar o seu bocata: atún, sardiñas, mexillóns, chocos, leituga, tomate, millo, olivas, cenorias e maionesa.



Tamén recibimos como agasallo un folleto explicativo de como facer os mellores bocatas e unha gorra chulísima.




De volta as aulas, demos boa conta dos nosos bocadillos. Estabanche ben gustosos!!!





Na ligazón da campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” tedes receitas, consellos, xogos interactivos e moitas cousas máis.





Tedes todas as fotos aquí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario