9 de febreiro de 2017

#RosalíaTe (1)

O día 24 de febreiro conmemoramos un ano máis o Día de Rosalía de Castro e dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega cheganos unha proposta, #RosalíaTe, pola que cada alumno/a convertirase na Rosalía que sinta máis próxima.
 
Os Pequerrech@s queremos participar nela polo que cada un elaborou a súa máscara de Rosalía de Castro e un cartel cos primeiros versos do seu poema "Como chove miudiño"


Hoxe os levaron a casa para compartir coas súas familias e facerse unha foto caracterizados de Rosalía, acompañados das súas persoas maiores e portando o cartel, que logo enviarán ao  correo electrónico da biblio para subilas á rede coa etiqueta #RosalíaTe.


Agardamos a vosa participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario