26 de febreiro de 2017

Xa está aquí o Entroido!!!

Este venres festexamos o Entroido. Sin esquecer a temática do noso PDI "Alimentación saudable", a ANPA da Carballeira traballou arreo durante semanas para que todos os nenos e nenas do cole puidesen lucir fantásticos disfraces. Moitas grazas pola vosa inestimable colaboración.

E aquí tedes os dos Pequerrech@s: a nai galiña cos seus pitiños, a pescadora cos peixiños e un repoludo labrego coas súas  cenorias

































Aproveitando o bo tempo fixemos o desfile no patio.


































Logo  chegou a hora de degustar os doces preparados polas familias: orellas, filloas, frores... e a chololatada realizada no cole. Ummmm... Estaba todo boísimo!!!



























E para rematar, xogos divertidísimos. Os Pequerrech@s pasámolo xenial coas cadeiras musicais.



























Non faltou nadiña na grande festa da comunidade educativa do CEIP A Carballeira. Parabéns a tod@s!!!

https://goo.gl/photos/QzEXRBdwUJ4fFLek9


 Tedes todas as fotos premendo na imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario