24 de xuño de 2018

E rematamos con festa!!!!

Este xoves finalizou o curso e para celebralo fixemos unha gran festa.
Comezamos xogando...


...para logo pasar a merendar... 


...e rematamos con música e globos. 


 Logo, co resto do cole, reunímonos no ximnasio para a graduación dos alumnos e alumnas que rematan etapa educativa.


Primeiramente visionamos o vídeo do paso dos Pequerrech@s de cinco anos pola Educación Infantil e, deseguida, a profe Belén emocionounos cunhas palabras de despedida xa que o curso que ven marchará a outro cole.


Decontado Hugo, Andrés, Ellissa, Athenea, Álex e Isabel, ataviados de barretes e becas,  recibiron as súas orlas.


Despois visionamos un vídeo resumo do paso polo cole dos nenos e nenas que acaban a primaria, a entrega das respectivas orlas e outro vídeo das actividades realizadas ao longo de todo o curso.


Hugo, Andrés, Ellissa, Athenea, Álex e Isabel finalizan a Educación Infantil e o curso que ven xa non formarán parte dos Pequerrech@s da Carballeira. Moita sorte para eles na Educación Primaria!!! 
Tedes máis fotos premendo aquí.

Feliz verán a tod@s @s Pequerrech@s da Carballeira!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario