21 de xuño de 2018

Presentamos os nosos Robots Estupendos

Hoxe os Pequerrech@s de tres anos presentaron ante os seus compañeiros de catro e cinco anos os Robots Estupendos que, coa axuda das familias, fabricaron nas súas casas para o PDI "Meu amigo o robot" que estivemos a desenvolver ao longo deste curso.


Todos explicaron con moito detalle como deseñaron os seus robots, que materiais utilizaron e quen lles axudou a construírlos. Ao final os maiores tamén puideron probar o noso prototipo de Robot Estupendo. 


E como o fixeron tan ben, todos recibiron o Título de Axudante Responsable.



Agradecemos ás familias a súa colaboración nesta actividade coa que tratamos de fomentar a creatividade, o traballo en equipo, a reciclaxe e a reutilización.  

Tedes todas as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario