Aqueles pequerrechiños que chegaron hai tres anos un pouco medorentos e moi ilusionados, convertéronse neste tempo nuns nenos grandes, felices de ser o curso que vén parte dos "maiores" do cole, dos de primaria.
De todos é sabido que a cooperación entre pais e profesores converteuse nun dos eixos que definen a calidade educativa na etapa da Educación Infantil e un dos seus retos máis importantes. As familias de Hugo, Andrés, Ellissa, Athenea, Álex e Isabel son bo exemplo desta implicación. Moitas grazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario