Este martes, os Pequerrechos de 5 anos participamos xunto cos compañeiros de 1º e 2º de primaria dun obradoiro creativo que leva por título “A detective
Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” do que se encargou a compañía Polo
Correo do Vento.
A detective Peregrina é unha entusiasta da cultura galega.Un día
descubrirá a obra de Antón Fraguas e iso cambiará a súa vida. E a de
toda a veciñanza.
Enrique Mauricio como narrador e Carlos Taboada como ilustrador achegaronnos a Antón Fraguas, o persoeiro ao que
se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano e os Pequerrechos pasámolo de marabilla converténdonos en ilustradores por un día grazas a eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario