Este venres Manuel, o pai de Alicia, tróuxonos "Amelia quere un can"
Amelia entrou no salón. O seu pai estaba sentado na súa cadeira favorita lendo o xornal.
“Papá”,
dixo ela. “Estaba pensando…”. O seu pai suspirou. «Cando Amelia pensa,
seguro que hai problemas». Amelia continuou: “Papá, non poderiamos ter
un can?”
Os caprichos de Amelia teñen un tamaño directamente proporcional á súa
astucia porque, ante a negativa dos maiores, que mellor estratexia que
pedir o imposible? Unha historia de insólitas mascotas a proba de
rapaces que nos fai reflexionar sobre a responsabilidade e compromiso que supón ter animais na casa. E tamén, que non podemos adoptar a calquera
animal a noso antollo porque os hai que necesitan vivir nos seus propios
hábitats.
Moitas grazas, Manuel!!!
Tedes as fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario