Seguindo
coas actividades para celebrar as Letras Galegas, esta semana toculle
aos maiores do cole vir contar algún conto aos Pequerrech@s.
Sergio comezou o martes contándonos "Loboferoz"
Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se
esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello
e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…
Moitas grazas, Sergio!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario