1 de marzo de 2020

Entroido 2020

Este ano festexamos o Entroido coa temática do Salón do Libro, "O humor".
Durante días estivemos preparándonos para a ocasión.

 
 A ANPA da Carballeira traballou arreo durante días para que todos os nenos e nenas do cole, e os profes tamén,  puidesen lucir fantásticos disfraces de superheroes e superheroínas de cómics. Moitas grazas pola vosa inestimable colaboración.


Aproveitando o bo tempo fixemos o desfile no patio. 
Logo  chegou a hora de degustar os doces preparados polas familias: orellas, filloas, frores... e a chololatada realizada no cole. Ummmm... Estaba todo boísimo!!!
E para rematar, xogos divertidísimos. Os Pequerrech@s pasámolo xenial coas cadeiras musicais.


Tamén queremos felicitar á ANPA do cole da Carballeira que participou, un ano máis, no Desfile Infantil do Entroido de Marín paseando a súa alegría, colorido e ilusión polas rúas da vila.


Tedes máis fotos no blogue da Biblio do Checho.

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2020/02/superheroes-e-superheroinas-na.html 

Ningún comentario:

Publicar un comentario