18 de marzo de 2020

#OrbilQuedaNaCasa

Os Pequerrech@s tivemos a gran sorte de poder visitar o XXI Salón do Libro antes da súa cancelación, pero Orbil non quedou tranquilo ata que conseguiu que volvese abrir as súas portas aínda que fóra de maneira virtual.




Co obxectivo de facer máis levadeiro o peche para as familias e para non cancelar a totalidade do evento, a organización da XXI edición do Salón do Libro apostou por manter algunhas actividades en formato virtual e achegar novas propostas que se adaptan perfectamente a esta nova realidade.
Permanecede atentos á páxina web www.salondolibro.gal, porque todas as mañás e as tardes se compartirán propostas asequibles para realizar coas crianzas sen saír da casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario