9 de marzo de 2020

XXI Salón do Libro: O Humor

Á XVIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra non podiamos faltar por iso hoxe os Pequerrech@s da Carballeira, xunto co resto do cole, fomos visitalo. Baixo o lema "O Humor", o Salón ten este ano como gran protagonista á literatura infantil e xuvenil italiana.  
Viaxamos no autobús cos nenos de 1º de primaria.



Xa na porta, tiñamos a Orbil esperando para saudarnos.



Raquél Queizás contounos historias divertidísimas da autora italiana Adela Turin.



Logo Cris, a nosa monitora, levounos a coñecer todos os recunchos do Salón.


O que máis nos gustou foi a figura dun Orbil preparado para que os nenos e nenas que visiten o Salón poidan decoralo ao seu xeito.


Tamén puidemos admirar a exposición dos extraordinarios traballos presentados polos coles.E quedamos encantados cando descubrimos o noso entre todos eles.



Que ben o pasamos!!!




Non deixedes de visitar o XXI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!!!

Tedes todas as fotos aquí.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario