29 de novembro de 2020

Colorín Colorado: Os tres porquiños

As nenas e nenos de 4º de Infantil, dentro do noso proxecto Colorín Colorado estamos a investigar sobre outras formas de ver e escoitar  os contos. 

Non soamente podemos gozalos nunha narración, ou nun vídeo ou audio-conto, tamén temos o teatro, os monicreques, os contos animados, o kamishibai... 

Como nos gustan os contos!!!







 

Rima que te rima

 As nenas e nenos de 6º de Infantil coñecemos unha morea de rimas e poesías.  Unhas cortiñas, outras máis longas. Unhas en galego outras en castelán. Tanto ten, gústannos todas!!!

 Aquí vos deixamos algunhas das que aprendemos sobre o outono. 





 

Unha xanela ao mundo: Os chineses

 Os Pequerrech@s de 4 anos, seguindo o noso periplo polo mundo, estes días demos un salto ata Asia para coñecer a cultura chinesa.




 

21 de novembro de 2020

Colorín Colorado: A casiña de chocolate

Un dos contos clásicos que máis nos gusta é o de Hansel e Gretel porque, quen non soñou algunha vez con atoparse unha casiña de chocolate á que fincar o dente? 

Non hai que dicir entón que o noso seguinte obxectivo sería conseguir a nosa propia casiña de chocolate. 

Así que, estes días, os peques de tres anos con axuda de mamá e papá puxéronse os gorros e os mandís de cociña para acabar literalmente coas mans na masa.  















A ciencia na cociña

Os Pequerrech@s de 6º de Infantil comezamos un novo proxecto: A ciencia na cociña.

Nós, as nenas e nenos e  a mestra, estamos afeitos a que as familias participen e colaboren en cada actividade e proxecto que se leva a cabo na clase e nesta ocasión non ía ser menos.

A Covid non nos deixa facelo de xeito presencial pero sempre nos quedan as fotos, os videos, os audios… A cousa é argallar a forma de facervos presentes no día a día da aula. 

E aquí estades… Faltaría máis…

 





 





Unha xanela ao mundo: Os masáis

Os Pequerrech@ s de 5º de Infantil estamos a traballar nun proxecto que nos entusiasma, Unha xanela ao mundo, no que imos viaxar por tres continentes: África, Asia e América.

Estes dias, viaxamos ata África para mergullarnos na cultura masái, os seus costumes, vivendas, vestimentas, abelorios...






Colorín Colorado: Os contos favoritos de mamá e papá

 Os Pequerrech@s de 4º de Infantil comezamos o primeiro proxecto deste curso, Colorín colorado, no que nos achegaremos ao mundo dos contos, conectando así a nosa realidade co pensamento máxico, tan característico desta idade. 

A nosa primeira proposta de investigación foi: Que conto era o favorito de mamá e papá cando eran pequerrechiños coma nós? 

Aquí tedes a resposta.