20 de novembro de 2020

O outono

As nenas e nenos de 6º de Infantil nestes días estivemos a enredar coa arte.

Mesturando témperas líquidas e sólidas de diferentes cores (amarelo, azul e vermello), conseguimos algunhas das cores do outono como o verde, o marrón e o violeta.


Despois, pintamos por parellas diferentes paisaxes de outono.




E, finalmente, utilizamos as ventás a modo de expositores para as nosas obras de arte. Que vos parece o resultado? 




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario