2 de novembro de 2020

Día das Escritoras 2020

 Desde 2016 celébrase o Día das Escritoras, co que búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Desde o cole  tratamos que se visibilice a obra das escritoras galegas, realizando diversas actividades e, en Infantil, eleximos a Gloria Sánchez e Ánxeles Ferrer coas súas respectivas obras "Rimas con letra" e "Os señores meses"


  Os Pequerrech@s de 4º de infantil eleximos do libro "Rimas con letra", da escritora Gloria Sánchez, a da letra D para realizar as nosas actividades.

 

As alumnas e alumnos de 6º de educación infantil quixemos celebralo desfrutando tamén do libro de poesías “Rimas con letra”.

Fixemos unha morea de actividades: Escoitamos algunhas poesías, gravamos un video recitando a poesía dedicada á letra “Q”, deseñamos cadansúa portada sobre o libro, dramatizamos as máis divertidas, etc.

Aquí vos deixamos algunhas delas. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.


 

En 5º de infantil traballamos co libro "Os señores  meses", da escritora e ilustradora Ánxeles Ferrer, un fermosísimo poemario, onde cada un dos meses do ano é o protagonista. 

Se queredes ver un resumo das nosas actividades premede nesta ligazón.

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2020/10/dia-das-escritoras-galegas-2020.html 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario