Neste mes de setembro, as alumnas e alumnos de 6º de EI estamos a pechar, emocional e afectivamente, o curso pasado. Por iso dedicamos estes días a identificar, discriminar, expresar e xestionar as emocións que sentimos.
Esta semana, aproveitando os itinerarios lectores do curso, limos un libro que nos gustou moito: “El nudo del afecto”. Conta a historia dun pai que traballaba moito para manter a súa familia e só podía estar co seu fillo na fin de semana. Aínda así atopou o xeito de demostrarlle canto o quería.
Nós, na clase,decidimos facer un debuxo onde cada un/unha amosara como lle faría saber ao seu pai o afecto que sentía por el.
Aí van os debuxos, a ver que vos parecen. Premede na imaxe para ver as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario