27 de maio de 2016

Excursión pola zona vella de Pontevedra

Hoxe, por fin, puidemos ir de excursión pola zona vella de Pontevedra.
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ofrecer este roteiro  para dinamizar o uso da lingua entre os máis pequenos. A actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Roberto, o noso guía, esperábanos na plaza da Peregrina para iniciar un percorrido que nos levou a visitar emprazamentos que, sen dúbida, teñen un pouso histórico e didáctico moi importante.


Prazas emblemáticas como a da Ferraría, onde traballaban os ferreiros.


A praza da Estrela, coa  Casa das Caras.


A praza da Leña, onde vendían a leña para os fogares.


Os Arcos de San Bartolomeu.


A praza da Verdura, onde se vendían verduras, froitas,...


A fonte dos Tornos, onde se ía a buscar auga para as casas.


A Pedreira, onde traballaban os canteiros.


E rematamos na praza do Peirao, onde antigamente chegaban os barcos que navegaban polo Lérez e que agora ten atracado un barco pirata para goce dos máis pequenos.


Podedes ver todas as fotos aquí.

26 de maio de 2016

Feliz aniversario Mateo!!!

Tamén este martes estivo de aniversario Mateo, que cumpriu 6 anos.
Para celebralo, a súa nai tróuxonos unhas riquisimas tortas de queixo.


El tamén repartiu chuches para tod@s, e @s compañeir@s fixéronlle uns preciosos debuxos de agasallo e cantáronlle "Parabéns para ti" e "Cumpleaños feliz".


 Parabéns Mateo!!!

Tedes máis fotos aquí.

Cultivamos plantas: a leituga

O luns os maiores do cole, estiveron a plantar leitugas, unha das actividades previstas dentro do noso Proxecto Documental Integrado "Alimentación saudable".
Nós non podiamos ser menos así que o martes preparámonos para plantar as nosas pequenas leituguiñas. 
Coa axuda de Bea, a conserxe, comezamos o noso labor. 

Botamos terra nos testos.


Fixemos un buratiño para que coubesen as raíces.



Metemos alí a plántula.



Apertamos ben a terra ao redor.



E, para rematar, regámolas un pouquiño.


Velaquí as nosas estupendas leitugas.



Agora só hai que esperar a que crezan  para gozar dunha riquísima e sanísima ensalada. Bo proveito!!!


Podedes ver máis fotos aquí.

Celebramos as Letras Galegas 2016

O pasado venres, todos os alumnos do cole reunímonos  para celebrar o Día das Letras Galegas. 
Visualizamos un video da biografía de Manuel María, o autor homenaxeado, lemos fragmentos da súa obra, recitamos algúns dos seus poemas e tamén cantamos.
Nós, @s Pequerrech@s, participamos cantando "A roda, roda" un dos seus poemas do libro "Os soños na gaiola".

Despois entregáronse os premios do III Certame Fotográfico. O tema era  "A  alimentación" e Mateo, Julé, Bea, Athenea e Hugo G.L. recibiron un diploma pola súa participación. 


Podedes ver aquí as súas simpáticas fotos, cheas de imaxinación e orixinalidade.
Parabéns a tod@s el@s e as súas familias pola  súa colaboración.


 

E así rematamos as actividades do 17 de maio, esta data tan importante para a nosa lingua e a nosa cultura.

Letras Galegas en maio... e todo o ano.

21 de maio de 2016

Letras Galegas 2016: Cóntame un conto!

Coma todos os anos, entre as actividades programadas para celebrar as Letras Galegas están as sesións de contacontos a cargo das familias d@s nos@s  Pequerrech@s.
Esta semana tivemos a sorte de contar coa colaboración de Griselda, Inés e Ángeles que fixéronnos vibrar cunha chea de historias marabillosas.
Griselda, a nai de Joel, trouxonos "Loboferoz" a divertida historia dun lobiño malpocado.


Inés, a nai de Álex, contounos as aventuras de "Manu", un neno que por non facer caso a súa nai, sucédenlle toda clase de peripecias.


Ángeles, a nai de Hugo, rematou cun dos nosos favoritos, "A que sabe a lúa".


E e ademais de narrarnos a historia regalounos uns anaquiños de lúa, que Hugo se encargou de repartir, para compartir coas familias e comprobar que verdadeiramente saben a aquilo que máis nos gusta.


Queremos agradecer a vosa boa disposición, fortalecendo o vínculo entre a familia e a escola e achegando os máis pequenos a un mundo cheo de imaxinación. Moitísimas grazas!

Podedes ver máis fotos aquí.

Mochilas viaxeiras: Xian

A Mochila Viaxeira xa está na casa de Xian. Esperamos que o pasedes moi ben con ela.

Un agasallo para os contacontos da Semana do Libro

Todos  os anos os maiores do cole veñen contarnos algún conto durante a Semana do Libro. Logo, nós facemos preciosos debuxos da historia relatada, debuxos cos que nos gusta agasallar despois aos nosos contacontos.
Esta semana volveron á nosa aula e alí regalámosllos con todo o noso agarimo.








Moitas  grazas a tod@s,  esperámosvos de novo o curso que vén!

14 de maio de 2016

6 de maio de 2016

Facemos trufas de chocolate

Hoxe venres tiñamos programada unha saía, unha excursión pola zona vella de Pontevedra, pero tivemos que cambiar os plans debido ao tempo así que no canto de amargarnos preferimos endulzarnos.
O outro día, no caderno de Púa, estivemos a traballar cunha receita de trufas  que nos pareceu deliciosa e decidimos facela na aula.

Soamente necesitamos biscoito, leite condensado e cacao e listos para comezar.

Esmigallamos o biscoito...


...botamos o leite condensado...


...e mesturámolo ben...


....facemos boliñas...


....as rebozamos no cacao...


....e listas para saborear.


As que sobraron leváronse para casa para compartir coas familias. Bo proveito!


Podedes ver máis fotos premendo aquí.

Mochilas viaxeiras: Giselle

Este venres tócalle a Giselle levar a Mochila Viaxeira. Esperamos que a disfrutes xunto á túa familia.

3 de maio de 2016

Letras Galegas 2016

No cole xa estamos a preparar unha chea de actividades para celebrar como se merece o Día das nosas letras, o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Manuel María e nós estamos coñecendo os marabillosos poemas da súa obra "Os soños na gaiola".
Entre todos eles, escollimos "O arco da Vella" para facer este mural.