6 de maio de 2016

Facemos trufas de chocolate

Hoxe venres tiñamos programada unha saía, unha excursión pola zona vella de Pontevedra, pero tivemos que cambiar os plans debido ao tempo así que no canto de amargarnos preferimos endulzarnos.
O outro día, no caderno de Púa, estivemos a traballar cunha receita de trufas  que nos pareceu deliciosa e decidimos facela na aula.

Soamente necesitamos biscoito, leite condensado e cacao e listos para comezar.

Esmigallamos o biscoito...


...botamos o leite condensado...


...e mesturámolo ben...


....facemos boliñas...


....as rebozamos no cacao...


....e listas para saborear.


As que sobraron leváronse para casa para compartir coas familias. Bo proveito!


Podedes ver máis fotos premendo aquí.

2 comentarios:

  1. Que mágoa! Eu non estaba, si non supoño que me invitaríades?. Felicidades polo voso traballo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas profe Julia. Outro día te invitamos e ves a cociñar con nós.

    ResponderEliminar