Hoxe, por fin, puidemos ir de excursión pola zona vella de Pontevedra.
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ofrecer este roteiro para dinamizar o uso da lingua entre os máis pequenos. A actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da
cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Roberto, o noso guía, esperábanos na plaza da Peregrina para iniciar un percorrido que nos levou a visitar emprazamentos que, sen dúbida, teñen un pouso histórico e didáctico moi importante.
Prazas emblemáticas como a da Ferraría, onde traballaban os ferreiros.
A praza da Estrela, coa Casa das Caras.
A praza da Leña, onde vendían a leña para os fogares.
Os Arcos de San Bartolomeu.
A praza da Verdura, onde se vendían verduras, froitas,...
A fonte dos Tornos, onde se ía a buscar auga para as casas.
A Pedreira, onde traballaban os canteiros.
E rematamos na praza do Peirao, onde antigamente chegaban os barcos que navegaban polo Lérez e que agora ten atracado un barco pirata para goce dos máis pequenos.
Podedes ver todas as fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario