Coma todos os anos, entre as actividades programadas para celebrar as Letras Galegas están as sesións de contacontos a cargo das familias d@s nos@s Pequerrech@s.
Esta semana tivemos a sorte de contar coa colaboración de Griselda, Inés e Ángeles que fixéronnos vibrar cunha chea de historias marabillosas.
Griselda, a nai de Joel, trouxonos "Loboferoz" a divertida historia dun lobiño malpocado.
Inés, a nai de Álex, contounos as aventuras de "Manu", un neno que por non facer caso a súa nai, sucédenlle toda clase de peripecias.
Ángeles, a nai de Hugo, rematou cun dos nosos favoritos, "A que sabe a lúa".
E e ademais de narrarnos a historia regalounos uns anaquiños de lúa, que Hugo se encargou de repartir, para compartir coas familias e comprobar que verdadeiramente saben a aquilo que máis nos gusta.
Queremos agradecer a
vosa boa disposición, fortalecendo o vínculo entre a familia e a escola e
achegando os máis pequenos a un mundo cheo de imaxinación. Moitísimas
grazas!
Podedes ver máis fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario