Xuntámonos todos na Biblio do Checho onde lembramos o motivo desta conmemoración, o falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.
O alumnado de terceiro de primaria fixo unha lembranza de Miguel de Cervantes e da súa obra o Quixote.
Tamén miramos un vídeo moi interesante sobre o Día do Libro.
E o alumnado de 5º e 6º realizou un kamishibai cun fermoso conto tradicional coreano, "A bolsa dos contos".
Foi unha xornada moi especial!
Moi feliz Día do Libro!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario