Rematamos os contacontos desta Semana do Libro con Patricia, a nai de Manuel. "A casa da mosca chosca" foi o conto que nos trouxo.
Farta de zoar dun lugar a outro, a mosca chosca decidiu facer unha casa e
convidar os animais do bosque. Fixo un pastel de amoras, colocou sete
banquetas e sete pratos na mesa. E, co arredendo da torta, foron
aparecendo, do máis pequerrecho ao máis grande, sete estraños
personaxes. Xa non cabe ninguén máis…
pero alguén peta na porta.
A casa da mosca
chosca é un conto popular ruso e un estupendo álbum para traballar os números cardinais e ordinais, os tamaños, as rimas...
Durante toda a semana Óscar, Noelia, Juan José, Sergio e Patricia mergulláronse cos Pequerrech@s no marabilloso mundo da lectura e compartiron historias cheas de imaxinación, aventura, diversión... fortalecendo o vículo entre as familias e a escola. Moitísimas
grazas a tod@s!!!
Podedes ver as fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario