Xunto cos compañerios de 1º e 2º de primaria, @s Pequerrech@s fomos ata a vila de Bueu. No porto esperábannos os nosos monitores que nos dividiron en dous grupos, infantil dunha banda e primaria de outra, para facer a visita máis doada.
No edificio da lonxa comprobamos o que fan cos peixes e mariscos desde que os descargan dos barcos ata que os levan ás pescaderías: pesar, etiquetar, clasificar, poxar...
Tamén nos ensinaron as cámaras de frío e como pican o xeo para conservar o peixe.
De seguida, no porto, mostráronnos os diferentes tipos de embarcacións e as artes de pesca e fixemos uns xogos moi divertidos, uns eramos redes e outros os peixes que caían nelas.
Continuamos ata a praza de abastos onde atopamos moitas especies de peixes e mariscos dos que os praceiros e praceiras nos falaron e mostraron moi amablemente. Ata a dona dunha carnicería agasallounos cunhas gominolas!
Máis tarde chegou á hora da merenda mariñeira. Cunhas albóndegas de pescada fixemos uns polbiños ben xeitosos. Logo tomamos unhas variñas máxicas de atún e de sobremesa iogur de vainilla.
E para rematar os monitores tíñannos preparada unha sorpresa. Rifaron unha camiseta por cada curso e agasallaronnos a todos cunha gorra chulísima, adhesivos da cuadrilla dos arroaces e os comics das súas aventuras, e un diploma pola nosa participación no programa "O sabor da aventura está no mar"
Podedes ver máis fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario