Continuamos
coas actividades programadas para o Día do Libro e esta semana contamos
coa colaboración das familias para realizar unha das favoritas d@s
Pequerrech@s.
Hoxe Óscar, o pai de Adrián, veu contar "La vocecita".
Perico
quere facer caca. Escóndese detrás dunha árbore, pero descobre que non
hai papel para limparse. Ve un calzón vello e furado colgado dunha póla,
úsao e tírao. De súpeto unha voceciña que se presenta como a súa
conciencia rífalle e ordénalle que lave esa porcallada.
"La vocecita" é unha divertida historia non só polo seu comezo
escatológico senón polo seu sorprendente final, que aproveita para
ensinar aos nenos normas de hixiene, o respecto cara aos demais e as
súas pertenzas, así como poder emendar os erros cometidos.
Moitas grazas Óscar!
Podedes ver as fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario