29 de maio de 2017

27 de maio de 2017

Pam vai de visita

Esta fin de semana Pam regresa a casa de Anxo, farán un montón de cousas xuntos e o pasarán de marabilla.

Visitounos Fina Casalderrey!!!

 Onte visitounos Fina Casalderrey, a autora do famoso libro que estivemos a traballar durante todo o curso: “Gordiño Recheo”.


Primeiro falounos da importancia das palabras e como a través delas podemos conseguir o que queiramos, demostrándoo cun pequeno exemplo práctico.



E despois contounos un pequeno conto titulado “Ah, es ti”, interactuando cos Pequerrech@s e deixándoos abraiados!



Encantounos a visita pero como tiña pouco tempo non puido asinar todos os libros dos Pequerrech@s asi que soamente asinou o exemplar que temos para educación infantil.



Foi unha xornada xenial, e moi enriquecedora!!

Podedes ver as fotos premendo aquí.

Today we have psychomotricity

Pequerrech@s da Carballeira: psychomotricity from Educación Infantil on Vimeo.

Cóntame un conto: Bágoas debaixo da cama

Para pechar a semana de "Cóntame un conto", veu a nai de Bea a contarnos un conto fantástico titulado "Bágoas debaixo da cama".


O pequeno Simón, canso de que todo o mundo lle chame chorón, decide gardar en botes debaixo da cama as súas bágoas e as de todo aquel que chora, pero... Que ocorrería se o mundo quedase sen bágoas?


E, ao final, Nati agasallounos co noso propio bote de bágoas! Moitas grazas Nati!!! 


Tedes as fotos premendo aquí.


26 de maio de 2017

O Ganapán do Mercado

Hoxe @s Pequerrech@s de catro e cinco anos, xunto cos compañeiros de 1º e 2º de primaria, nos achegamos ata o Mercado de Pontevedra.
Alí esperábanos Ruth, a nosa monitora, que nos acompañou no noso percorrido.

Comezamos pola planta baixa onde se atopan os diferentes postos de flores, carne ou peixe. Había algún que pesaba máis ca nós!


Tamén visitamos a parte subterranea onde están as cámaras frigoríficas. Que friaxe!


Logo subimos ao primeiro andar onde están instalados os postos de verduras, hortalizas, froitas e queixos.

E rematamos no Ganapán onde, como estamos en maio, o mes das flores, acabamos elaborando unha preciosa flor para levar de recordo desta estupenda visita. 



Podedes ver as fotos premendo aquí.
E tamén aquí: 
https://www.facebook.com/oganapandomercado/

Cóntame un conto: Rato de campo e rato de cidade

 Este xoves, a Rafa, Aarón e India tocoulles a quenda de vir  contarnos un clásico da literatura infantil "Rato de campo e rato de cidade".

Había unha vez un rato de campo que vivía no tronco dunha árbore. Gustáballe o aire limpo da mañá e o son do vento a bater nas pólas, mirar as estrelas e as nubes e o millo das mazarocas. Gustáballe vivir no campo, pero sempre estaba a facer o mesmo e preguntábase que había detrás da montaña do horizonte. 
Tamén había un rato de cidade que vivía nun sumidoiro. Gustáballe o barullo da xente, as luces de neón e o recendo a pan quente. Gustáballe a cidade, pero sempre estaba a facer o mesmo e quería saber qué habería tralo grande edificio que se via ao lonxe. 
Un día, os dous decidiron andar camiño e coñecer novos mundos... 



 Moitas grazas Rafa, Aarón e India!!!


Tedes as fotos aquí.

24 de maio de 2017

Cóntame un conto: O segredo do rei Curro

"O segredo do rei Curro" é o divertido conto que hoxe nos achegou Iker.


O rei Curro tiña orellas de burro, e o único que o sabía era o seu perruqueiro. Incapaz de gardar silencio, decidiu cavar un burato e ocultar o seu segredo baixo terra. Co tempo, no lugar naceu un canaval, e un día, un comediante que pasaba por alí, cortou unha cana para facer una frauta. Ao tocala, do instrumento saíu, como por arte de maxia, unha melodía que dicía: «O rei Curro ten orellas de burro!» e que chegou a todos os habitantes do lugar…


Moitas grazas Iker!!!

 
Tedes as fotos aquí.

23 de maio de 2017

Cágado, cabezolo, cullarapo...

Estes días estamos a aprender moitas cousas dos animais que nos rodean.
Hoxe Iris trouxonos un cágado. Sabedes que é?


Breixo o ten moi clariño.


Tod@s sabiamos moitas cousas sobre as ras pero hoxe descubrimos aínda máis.  
E aquí tedes un video moi interesante sobre as ras e outros anfibios.


Todas as fotos aquí.

Mochilas viaxeiras: Pablo.

A mochila viaxeira volve visitar a casa de Pablo.


Desfrutade da lectura en familia!!!

Cóntame un conto: O valente coello que quixo soñar

Este martes, Iker e Sara foron os nosos contacontos cunha fermosa historia: "O valente coello que quixo soñar".

O valente coello que quixo soñar" conta a historia dun pequeno coello que sempre soñou con vivir no mar e que, malia o que opinen todos os demais, intenta facer realidade o seu soño.

Moitas grazas Iker e Sara!!!



Tedes máis fotos premendo aquí.

22 de maio de 2017

Cri, cri, cri...un grilo son.

Hoxe Mauro veu ao cole en compañía de dous simpáticos pequerrechos: uns grilos que atopou co seu avó nun paseo polo monte.


Puidemos contemplar tranquilamente a súa cor negra, as súas patiñas, as súas antenas...

O que no tivemos foi a oportunidade de escoitar o famoso cri, cri que fan ao fretar os élitros.
Noutra ocasión será. 

 

Podedes ver as fotos aquí.

Cóntame un conto: Elmer outra vez.

Seguindo coas actividades para celebrar as Letras Galegas, esta semana tócalles aos maiores do cole vir contar algún conto aos Pequerrech@s.
Hoxe foi a quenda de Fran con "Elmer outra vez".

Faltan dous días para a celebración do día de Elmer, e todos os elefantes só pensan en como van pintarse este ano. Pero Elmer, como non ten moito que pensar, porque como sempre se pintará de cor elefante, está moi aburrido. E ocórreselle unha idea para facer unha broma aos elefantes da manda xunto coa axuda doutro compañeiro.


Tod@s estiveron moi atent@s para non perder detalle e, ao rematar debuxaron a Elmer así de guapo.


 Moitas grazas Fran!!!

Podedes ver máis fotos aquí.
 

20 de maio de 2017

17 de maio de 2017

Celebramos as Letras Galegas 2017

Como todos os anos, os alumnos do cole reunímonos para celebrar o Día das Letras Galegas.
Visualizamos un video da biografía de Carlos Casares, o autor homenaxeado, tamén lida polos nenos e nenas de sexto curso. 


Rocío, Sergio e Irene, de quinto curso, leron algúns anacos da súa obra "A galiña azul"



Despois entregáronse os premios do IV Certame Fotográfico. O tema era  "Alimentación saudable" e Iago, Álex, Andrés, Athenea e Hugo recibiron un diploma pola súa participación.


Estas son as súas estupendas fotos que podedes ver na exposición do corredor principal do cole.




 


Parabéns a tod@s el@s e as súas familias pola  súa colaboración.

Tedes máis fotos premendo aquí.

Mochilas viaxeiras: Manuel

Mirade que feliz está Manuel porque estes días vai ter na súa casa a mochila viaxeira.


  
Desfrutade da lectura en familia!!!

15 de maio de 2017

Canto sabes de Carlos Casares?

@s Pequerrech@s estamos a coñecer moitas cousas sobre a vida e a obra de Carlos Casares.


Queredes pescudar canto aprendestes?
Nestas ligazóns do Seminario Galán tedes moitas actividades en liña para divertirvos. 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/348

http://seminariogalan.org/inicio/ver/349

Feliz aniversario Adrián!!!

Adrián xa ten catro anos e quixo celebralo cos seus compañeiros.
Eles agasalláronno cunha preciosa tarxeta de felicitación e uns xoguetes superdivertidos.


Parabéns Adrián!!!

12 de maio de 2017

Pan de millo!!!

Hoxe trouxen ao cole pan de millo que fixo a miña bisavoa.
Ela plantou millo nunha leira e eu axudeille a debullar as mazorcas. Bótase todo nunha máquina e sae a fariña, e despois botas a fariña, auga fría e un pouco de auga quente e amasas. Tamén o fabricas no forno e sae marrón. Está riquísimo!!!
Mauro, 4º curso de E. Infantil






Pam e Turi van de visita

Esta fin de semana Pam está de visita na casa de Adrián e Turi na de Teo. Sen dúbida o pasarán xenial!

10 de maio de 2017

Maio, mes da Lingua

Achégase o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e @s Pequerrech@s estamos traballando arreo para festexalas como se merecen.
Este ano o autor homenaxeado é Carlos Casares e nós temos preparada unha morea de actividades para desenvolver durante este mes.


Para comezar, fixemos este mural baseado no seu libro "A galiña azul" para decorar o noso corredor. A que quedou chulo?



E aquí vos deixamos "Meu o mundo é", un tema de Paco Nogueiras para cantar e lembrar que hai outros 364 días onde as letras son protagonistas... e os números, as formas, as cores... etc.


En GALEGO todo podes facer, en GALEGO noso o mundo é !!!!