Este xoves, a Rafa, Aarón e India tocoulles a quenda de vir contarnos un clásico da literatura infantil "Rato de campo e rato de cidade".
Había unha vez un rato de campo que vivía no tronco dunha árbore. Gustáballe o aire limpo da mañá e o son do vento a bater nas pólas, mirar as estrelas e as nubes e o millo das mazarocas. Gustáballe vivir no campo, pero sempre estaba a facer o mesmo e preguntábase que había detrás da montaña do horizonte.
Tamén había un rato de cidade que vivía nun sumidoiro. Gustáballe o barullo da xente, as luces de neón e o recendo a pan quente. Gustáballe a cidade, pero sempre estaba a facer o mesmo e quería saber qué habería tralo grande edificio que se via ao lonxe.
Un día, os dous decidiron andar camiño e coñecer novos mundos...
Moitas grazas Rafa, Aarón e India!!!
Tedes as fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario