"O segredo do rei Curro" é o divertido conto que hoxe nos achegou Iker.
O rei Curro tiña orellas de burro, e o único que o sabía era o seu perruqueiro. Incapaz de gardar silencio, decidiu cavar un burato e ocultar o
seu segredo baixo terra. Co tempo, no lugar naceu un canaval, e un día,
un comediante que pasaba por alí, cortou unha cana para facer una
frauta. Ao tocala, do instrumento saíu, como por arte de maxia, unha
melodía que dicía: «O rei Curro ten orellas de burro!» e que chegou a
todos os habitantes do lugar…
Moitas grazas Iker!!!
Tedes as fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario