Visualizamos un video da biografía de Carlos Casares, o autor homenaxeado, tamén lida polos nenos e nenas de sexto curso.
Rocío, Sergio e Irene, de quinto curso, leron algúns anacos da súa obra "A galiña azul"
Despois entregáronse os premios do IV Certame Fotográfico. O tema era "Alimentación saudable" e Iago, Álex, Andrés, Athenea e Hugo recibiron un diploma pola súa participación.
Estas son as súas estupendas fotos que podedes ver na exposición do corredor principal do cole.
Parabéns a tod@s el@s e as súas familias pola súa colaboración.
Tedes máis fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario