28 de novembro de 2017

Feliz aniversario Dante!!!

Hoxe, na aula dos maiores houbo celebración. Dante cumpre catro anos e quixo celebralo con todos os compañeiros repartindo unhas chuches riquísimas.

 
Parabéns Dante!!!

24 de novembro de 2017

Pam vai de visita


E Carmen tamén pasará unha estupenda fin de semana porque convidou a Pam a ir á súa casa para coñecer á súa familia, facer moitísimas cousas xuntas e divertirse un montón.

Mochilas viaxeiras: Athenea, Dante e Manuela

Hoxe tocoulles a Athenea, Dante e Manuela a quenda de levar a mochilas viaxeiras as súas casas. Esperamos que coas vosas familias desfrutedes de bos momentos de lectura compartida. 

21 de novembro de 2017

Pam vai de visita

Mirade que contenta está Pam porque esta fin de semana estivo na casa de Manuela.

 Pam pásao fenomenal en casa dos nosos Pequerrech@s. A quen e tocará levala de visita a próxima vez?

12 de novembro de 2017

Magosto na Carballeira

É tempo de Magosto e este venres, no cole, celebrámolo como ten que ser: castañas asadas, bocatas de chourizos á brasa, xogos populares, bo tempo... qué máis podemos pedir? Sen dúbida… que se repita!!! 

 

E aquí tamen podedes ver os traballos da exposición de Manualidades de Outono: piñas, follas de todas as cores, castañas, landras....todo vale. Menudos artistas!!! 

 

Moitas grazas familias polas vosas achegas!
Tedes as fotos premendo aquí.

9 de novembro de 2017

Enquisa Uso do Galego

No blogue da biblio "O murmurio das palabras" tedes unha enquisa relacionada co uso da lingua galega na que se pretenden recoller datos co obxectivo de coñecer mellor os usos e as actitudes das familias cara á lingua, para axudarnos a orientar e programar, de xeito máis efectivo, as actuacións dinamizadoras do centro.
Podedes premer na imaxe para acceder ao formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdIXRgum6a30ZC3ogzgs5DbTKAWGwzMNTBg3cUeoIhcoTmbng/viewform?embedded=true

8 de novembro de 2017

Visitamos a Biblioteca de Pontevedra

Hoxe estivemos de visita na Biblioteca pública de Pontevedra. 


Os monitores estiveron ensinándonos as diferentes zonas de lectura, de estudo, de películas ou música... 


Os libros: pequenos, grandes, de imaxes, táctiles, cómics, con pictogramas...


Deseguida contáronnos unha versión de "Onde viven os monstros"moi divertida.


Tamén tivemos un tempo para ver algúns dos libros que alí había.


E para rematar a visita estivemos na sala  de vídeo mirando unha película mentres esperabamos aos nosos compañeiros de primaria para volver ao autobus.


Pasámolo de marabilla!!!


Podedes ver as fotos aquí.

7 de novembro de 2017

Mochilas viaxeiras: Jose, Pablo e Hugo

As mochilas viaxeiras estarán estes días nas casas de Hugo, de Pablo e de Jose. Esperamos que pasedes moi bos momentos con elas.

O recuncho das mochilas viaxeiras

Aquí está o recanto que temos adicado no noso corredor aos estupendos debuxos que fan dos seus contos favoritos @s nos@s Pequerrech@s coas suas familias. Parabéns! 


Hugo e os dinosauros

Este luns, os Pequerrech@s reunímonos na aula dos maiores porque Hugo tiña algo moi interesante que contarnos.
Días atrás estivo coa súa familia de viaxe por Asturias e visitou uns lugares fantásticos: as covas do Soplao e o Museo Xurásico.


As covas gustáronlle moito pero o Museo encantoulle. Contounos que o edificio tiña forma de pegada de dinosauro e puido ver reproducións de dinosauros de moitas clases, con pescozos longuísimos, con cornos, con ás,... réplicas de grandes esqueletos, pegadas fosilizadas e outros fósiles.
E ao acabar a visita os seus papás compráronlle unha cabeza de tiranosaurio  superdivertida.


Foi unha experiencia única! Moitas grazas Hugo por compartila.

Unha visita moi especial

Onte estivo no cole Marian, da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE)
Veu explicarnos como é o día a día dos nenos con discapacidade visual e  como utilizan outros sentidos como o tacto, o oído ou o olfacto para desenvolverse nas actividades cotiás.



Tapándonos os ollos cuns antefaces puidemos comprobar como poden recoñecer as cores por medio do olfacto.


Como len e escriben co sistema de escritura táctil Braille.


Mesmo como practican deportes con balóns sonoros que poden escoitar.


Tamén comprobamos como poden desprazarse utilizando un bastón branco que lles permite moverse entre os obstáculos. Ou como podemos guialos para desprazarse sen problemas. 


Moitas grazas Marian por esta visita tan  interesante!

6 de novembro de 2017

Manualidades de outono

Xa estamos a recibir as vosas composicións para a exposición de manualidades de outono.


Animádevos, aínda estades a tempo de sorprendernos coas vosas creacións.

3 de novembro de 2017

Feliz aniversario Evelio!!!

Hoxe, na aula dos pequenos, tivemos de aniversario a Evelio que xa ten tres anos.


Para celebralo fixemos unha coroa de aniversario, cantamos "Parabéns para ti" e "Cumpleaños feliz", bailamos,...e el agasallounos cunhas galletas que fixo na súa casa cos seus papás e que estaban deliciosas. Moitas grazas!!! 

 E como o pasamos tan ben, Pam quixo seguir a festa e por iso esta fin de semana estará na súa casa, coñecerá á súa familia e divertiranse un montón.

https://photos.app.goo.gl/pQNhN3H9Jf74yFlF2

Parabéns Evelio!!!

1 de novembro de 2017

Feliz Samaín!!!

Onte no cole, pasámolo de medo.
Desde ben cedo as nosas aulas enchéronse de bruxas, vampiros e monstros espantosos que non paraban de xogar, cantar, bailar e dar sustos terroríficos.


De contado os nenos e nenas de 1º viñeron contarnos un poema creado por eles mesmos para vencer os medos do Samaín.


Con tantas emocións tiñamos unha fame negra e axiña preparamos unha saborosa merenda. Os de tres anos encargáronse da bebida, zume de sangue de vampiro con vermes e arañas incluídas. Os de catro e cinco cociñaron unhas horribles arañas acompañadas de outros bechos e algunha que outra caveira.  Estaba todo boíiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo!

Xa no tempo de recreo tamén puidemos degustar os petiscos que prepararon os maiores do cole con froitas e lácteos.


E para rematar esta xornada do Samaín, na Biblio do Checho tivemos a oportunidade de escoitar os relatos dos nenos e nenas que participaron no III Certame de Contos de Medo.

 
Foi unha mañá fantástica e tedes todas as fotos aquí para poder comprobalo!!!
FELIZ SAMAÍN!!!