Os monitores estiveron ensinándonos as diferentes zonas de lectura, de estudo, de películas ou música...
Os libros: pequenos, grandes, de imaxes, táctiles, cómics, con pictogramas...
Deseguida contáronnos unha versión de "Onde viven os monstros"moi divertida.
Tamén tivemos un tempo para ver algúns dos libros que alí había.
E para rematar a visita estivemos na sala de vídeo mirando unha película mentres esperabamos aos nosos compañeiros de primaria para volver ao autobus.
Pasámolo de marabilla!!!
Podedes ver as fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario