7 de novembro de 2017

Hugo e os dinosauros

Este luns, os Pequerrech@s reunímonos na aula dos maiores porque Hugo tiña algo moi interesante que contarnos.
Días atrás estivo coa súa familia de viaxe por Asturias e visitou uns lugares fantásticos: as covas do Soplao e o Museo Xurásico.


As covas gustáronlle moito pero o Museo encantoulle. Contounos que o edificio tiña forma de pegada de dinosauro e puido ver reproducións de dinosauros de moitas clases, con pescozos longuísimos, con cornos, con ás,... réplicas de grandes esqueletos, pegadas fosilizadas e outros fósiles.
E ao acabar a visita os seus papás compráronlle unha cabeza de tiranosaurio  superdivertida.


Foi unha experiencia única! Moitas grazas Hugo por compartila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario