Onte estivo no cole Marian, da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE)
Veu explicarnos como é o día a día dos nenos con discapacidade visual e como utilizan outros sentidos como o tacto, o oído ou o olfacto para desenvolverse nas actividades cotiás.
Tapándonos os ollos cuns antefaces puidemos comprobar como poden recoñecer as cores por medio do olfacto.
Como len e escriben co sistema de escritura táctil Braille.
Mesmo como practican deportes con balóns sonoros que poden escoitar.
Tamén comprobamos como poden desprazarse utilizando un bastón branco que lles permite moverse entre os obstáculos. Ou como podemos guialos para desprazarse sen problemas.
Moitas grazas Marian por esta visita tan interesante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario