Onte no cole, pasámolo de medo.
Desde ben cedo as nosas aulas enchéronse de bruxas, vampiros e monstros espantosos que non paraban de xogar, cantar, bailar e dar sustos terroríficos.
De contado os nenos e nenas de 1º viñeron contarnos un poema creado por eles mesmos para vencer os medos do Samaín.
Con tantas emocións tiñamos unha fame negra e axiña preparamos unha saborosa merenda. Os de tres anos encargáronse da bebida, zume de sangue de vampiro con vermes e arañas incluídas. Os de catro e cinco cociñaron unhas horribles arañas acompañadas de outros bechos e algunha que outra caveira. Estaba todo boíiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo!
Xa no tempo de recreo tamén puidemos degustar os petiscos que prepararon os maiores do cole con froitas e lácteos.
E para rematar esta xornada do Samaín, na Biblio do Checho tivemos a oportunidade de escoitar os relatos dos nenos e nenas que participaron no III Certame de Contos de Medo.
Foi unha mañá fantástica e tedes todas as fotos aquí para poder comprobalo!!!
FELIZ SAMAÍN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario