24 de xuño de 2017

A profe Laura despídese de nós


Queridas familias,
Os escribo por aquí para agradeceros una vez más este curso. Hoy, entre tantas sorpresas ya no sé ni lo que dije, pero muchísimas gracias por todo.

Desde el primer día tuve la sensación de que sería un gran grupo y hoy, a 23 de junio, puedo confirmarlo con toda seguridad. Son unos niños muy diferentes pero coinciden en lo más importante:  los valores. Podría mencionar un sinfín de anécdotas en las que el respeto, la bondad y el amor no tuvo límites. Congeniaron y se complementaron desde el primer día muy bien, sin excepciones.

Me encanta mi profesión pero con total sinceridad puedo deciros que este año ha sido el más gratificante y eso tengo que agradecéroslo a vosotros. Los niños me facilitaron muchísimo  el trabajo porque siempre estaban dispuestos a todo. Cualquier actividad la afrontaban con buena actitud, y si alguno se quedaba rezagado el propio grupo tiraba de él. No pudieron ser mejores compañeros. Y en cuanto a las familias, deciros que desde el primer día me hicisteis sentir respaldada. Sabía que ante cualquier problema podía contar con vosotros y que juntos lo resolveríamos, porque estáis tan dispuestos y tan implicados como vuestros hijos en el aula.

Por algo se dice que de tal palo...

Y por último me gustaría aprovechar esta entrada para darle las gracias a mi compañera Maricarmen. Gracias por enseñarme el funcionamiento del centro, por resolver mis dudas, por encargarte de este blog que todos sabemos que requiere mucho trabajo, y por muchísimas cosas más. Ha sido un placer trabajar contigo.

 Os deseo a todos lo mejor y a mis pequerrechos especialmente. De corazón espero que no pierdan su esencia porque no pueden ser mejores!!

Un beso enorme y Felices vacaciones!!


P.D Espero veros a todos en septiembre!

Lembrades?

Lembrades cando chegaron? As  súas cariñas cheas de ilusión por vir ao "cole dos nenos grandes"? Os novos amigos e amigas, os seus soños e inquedanzas, os momentos de ledicia (e tamén dalgunha bágoa)...

"...agora abrimos a man, agora deixámolos voar..."

 

Di un proverbio africano: "para educar a un neno fai falta toda a tribo", por eso é imprescindible un vínculo entre a familia e a escola baseado na comunicación e o respecto.

Moitas grazas ás familias de Iris, Xian, Teo, Joel e Bea por todos estes anos de colaboración e confianza na nosa labor.

Fin de curso!

Hoxe fixemos a festa de fin de curso.
Para comezar tivemos unha merendola na que estaba todo delicioso.


Logo reunímonos todos no ximnasio para ver as actuacións de Teo, Bea e Andrés que, xunto cos seus compañeiros e compañeiras de actividades extraescolares, prepararon con moitísima ilusión.




Despois visionamos uns vídeos das actividades realizadas ao longo de todo o curso e un resumo do paso polo cole dos nenos e nenas que acaban etapa educativa e a entrega das respectivas orlas. E tamén agasallamos á directora Tere e á profe Maite que para o curso que ven xa non estarán connosco.


Iris, Xian, Teo, Joel e Bea xa non formarán parte d@s Pequerrech@s o curso que ven pero este non é un momento triste senón alegre porque  xa medraron e teñen que continuar o camiño. Moita sorte para eles na Educación Primaria!!!

Tedes máis fotos aquí.

22 de xuño de 2017

Os contacontos de 6º

Hoxe, os nenos e nenas de 6º de Primaria estiveron en Infantil para despedirse dos Pequerrech@s.
Viñeron contarnos uns contiños elaborados por eles mesmos: os personaxes, as historias e mesmo as ilustracións.





Moitas grazas compañeri@s e moita sorte na vosa nova andaina pola Educación Secundaria!

20 de xuño de 2017

Dante, o noso horticultor

Hoxe Dante tróuxonos unha mostra da súa estupenda horta: unha remolacha, un nabo e chícharos! 


Explicounos como as plantaba na casa e o que necesitaba para que creceran así de fermosas! 

Moitas grazas Dante!

15 de xuño de 2017

Pepe ven de visita

Este mércores Pepe veu visitarnos ao cole.
Chegou un pouco canso pola calor e a longa viaxe pero tiña moitas ganas de dar unha sorpresa aos Pequerrech@s e estaba feliz.
Ah!, que non sabedes quen é Pepe?

Este é Pepe.


Nos xa pescudaramos moitas cousas sobre os ponis: que son animais mamíferos, que ainda que son pequenos teñen moita forza, que os seus pezuños son como as nosas unllas e ainda que lle poñan ferraduras no lle fan dano, que non ven diante deles e por iso sempre che tes que achegar a eles polos laterais porque se non o fas así, podes asustarlles,....


E Pepe foi tan bo que deixounos a todos montar nel.


Ata os antigos Pequerrech@s viñeron saudalo!


Logo estivo a comer un pouco de herba para coller forzas para o camiño de volta á súa casa e despois de meterse no seu remolque todos despedímonos del.



E nós fómonos a clase para debuxar a Pepe así de guapo

Moitas grazas Pepe pola túa visita!

Tedes todas as fotos premendo aquí.

9 de xuño de 2017

Presentamos o noso PDI: Os lácteos

Como xa sabedes, no cole levamos dous cursos  traballando nun Proxecto Documental Integrado sobre a "Alimentación saudable".
Así como o curso pasado os Pequerrech@s centrámonos nos cereais, por ser o grupo de alimentos máis consumido no mundo, esta vez focalizamos o noso traballo nos lácteos, alimento indispensable na dieta dos máis pequenos. 



Agora chegou o momento de amosar todo o que descubrimos ao longo das nosas investigacións. 

 


 

Parabéns a tod@s polo voso traballo!!!

Simulacro de incendio!!!

No cole estamos preparados para calquera tipo de emerxencia porque, ainda que ninguén espera que ocorra algo malo, sempre é mellor estar listo polo si ou polo non. 
A práctica axuda a infundir o procedemento na mente dos nenos e prepáraos para estar en calma durante unha emerxencia por eso hoxe viñeron os bombeiros para facer un simulacro e como todos sabiamos perfectamente os pasos  marcados no plan de evacuación en caso de incendio o fixemos estupendamente. 


Neste vídeo Flamy, Paula e Manu lémbrannos as normas para evacuar o cole en caso de emerxencia

8 de xuño de 2017

Enquisa Plan Proxecta 2016-2017

No blogue da biblio "O murmurio das palabras" tedes unha enquisa relacionada co Plan Proxecta na que se pretenden recoller datos para poder mellorar a organización e contidos do noso proxecto. Podedes premer na imaxe para acceder ao formulario:

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2017/06/alumnado-enquisa-plan-proxecta-2016-2017.html

4 de xuño de 2017

Mochilas Viaxeiras

As Mochilas Viaxeiras rematan a súa andaina por este curso. Foron de casa en casa, de familia en familia, facendo as delicias dos Pequerrech@s, compartindo grandes momentos coas mamás, papás, irmáns, avós, avoas,... lendo os contos, facendo os traballos manuais ou mirando a película.
Aquí tedes as vosas achegas para o Recanto das Mochilas Viaxeiras. Rotuladores e ceras, lapis de cores e témperas, gomets e papeis varios....todo vale para amosar toda a vosa arte. Parabéns!!!

 
Pequerrech@s da Carballeira: Mochilas Viaxeiras from Educación Infantil on Vimeo.

Branca e Café veñen ao cole

Adiviñade quen veu ao cole este venres!
Dous pequerrech@s pero de catro patas! 


Aproveitando que estes días estamos a traballar o tema dos animáis,  estamos a coñecer en vivo e en directo moitos animais da nosa contorna: crustáceos, insectos, anfibios,.. e hoxe chegoulle a quenda aos mamíferos.


A mamá de Iris veu acompañada de Branca e Café, dous cachorriños rebuldeiros que fixeron as delicias dos nosos Pequerrech@s.



Miúdo rebumbio formouse! Tod@s querían acariñalos.


Cando marcharon, porque xa tiñan fame e había que darlles para comer, quedamos a pescudar máis cousas sobre os cans: nos libros, na internet...
E tamén os debuxamos para ter unha lembranza do día en que viñeron ao cole Branca e Café.


Foi unha visita xenial!!!

Tedes todas as fotos aquí.

1 de xuño de 2017

Cultivamos plantas: as lentellas

Os máis pequenos, coa axuda de Pam, estiveron a traballar as plantas. Gustoulles tanto o tema que non só decidiron cultivar unha, senón que quixeron caracterizalas!  
Aquí tedes a Tigre, Pepito, Zuma, Leopardo, Ryder, Mesa, Pepe, Gusano, Chase e León!

Estaban encantados con elas!