15 de xuño de 2017

Pepe ven de visita

Este mércores Pepe veu visitarnos ao cole.
Chegou un pouco canso pola calor e a longa viaxe pero tiña moitas ganas de dar unha sorpresa aos Pequerrech@s e estaba feliz.
Ah!, que non sabedes quen é Pepe?

Este é Pepe.


Nos xa pescudaramos moitas cousas sobre os ponis: que son animais mamíferos, que ainda que son pequenos teñen moita forza, que os seus pezuños son como as nosas unllas e ainda que lle poñan ferraduras no lle fan dano, que non ven diante deles e por iso sempre che tes que achegar a eles polos laterais porque se non o fas así, podes asustarlles,....


E Pepe foi tan bo que deixounos a todos montar nel.


Ata os antigos Pequerrech@s viñeron saudalo!


Logo estivo a comer un pouco de herba para coller forzas para o camiño de volta á súa casa e despois de meterse no seu remolque todos despedímonos del.



E nós fómonos a clase para debuxar a Pepe así de guapo

Moitas grazas Pepe pola túa visita!

Tedes todas as fotos premendo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario