24 de xuño de 2017

Lembrades?

Lembrades cando chegaron? As  súas cariñas cheas de ilusión por vir ao "cole dos nenos grandes"? Os novos amigos e amigas, os seus soños e inquedanzas, os momentos de ledicia (e tamén dalgunha bágoa)...

"...agora abrimos a man, agora deixámolos voar..."

 

Di un proverbio africano: "para educar a un neno fai falta toda a tribo", por eso é imprescindible un vínculo entre a familia e a escola baseado na comunicación e o respecto.

Moitas grazas ás familias de Iris, Xian, Teo, Joel e Bea por todos estes anos de colaboración e confianza na nosa labor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario