4 de xuño de 2017

Branca e Café veñen ao cole

Adiviñade quen veu ao cole este venres!
Dous pequerrech@s pero de catro patas! 


Aproveitando que estes días estamos a traballar o tema dos animáis,  estamos a coñecer en vivo e en directo moitos animais da nosa contorna: crustáceos, insectos, anfibios,.. e hoxe chegoulle a quenda aos mamíferos.


A mamá de Iris veu acompañada de Branca e Café, dous cachorriños rebuldeiros que fixeron as delicias dos nosos Pequerrech@s.



Miúdo rebumbio formouse! Tod@s querían acariñalos.


Cando marcharon, porque xa tiñan fame e había que darlles para comer, quedamos a pescudar máis cousas sobre os cans: nos libros, na internet...
E tamén os debuxamos para ter unha lembranza do día en que viñeron ao cole Branca e Café.


Foi unha visita xenial!!!

Tedes todas as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario