Para comezar tivemos unha merendola na que estaba todo delicioso.
Logo reunímonos todos no ximnasio para ver as actuacións de Teo, Bea e Andrés que, xunto cos seus compañeiros e compañeiras de actividades extraescolares, prepararon con moitísima ilusión.
Despois visionamos uns vídeos das actividades realizadas ao longo de todo o curso e un resumo do paso polo cole dos nenos e nenas que acaban etapa educativa e a entrega das respectivas orlas. E tamén agasallamos á directora Tere e á profe Maite que para o curso que ven xa non estarán connosco.
Iris, Xian, Teo, Joel e Bea xa non formarán parte d@s Pequerrech@s o curso que ven pero este non é un momento triste senón alegre porque xa medraron e teñen que continuar o camiño. Moita sorte para eles na Educación Primaria!!!
Tedes máis fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario