Da man da editorial SM, Raquel Queizás volve connosco ao cole para achegarnos "A viaxe de Nano", unha ranciña que todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.
Coma sempre, Raquel fíxonos pasar momentos divertidos, sorprendentes, inesquecibles...
Que ben o pasamos! E para rematar...a bailar!!!
Pequerrech@s da Carballeira: Raquel Queizás from Educación Infantil on Vimeo.
Tedes as fotos premendo aquí.
27 de febreiro de 2018
24 de febreiro de 2018
24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro
"Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo."
Con estes versos do poema "Vamos bebendo" os Pequerrech@s participamos nun vídeo homenaxe a Rosalía de Castro baixo o cancelo #AbrideAFiestra proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Durante esta semana de homenaxes na honra de Rosalía realizamos actividades xunto co o resto de compañeiros e compañeiras do cole que podedes ver no blogue da Biblio
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2018/02/dia-de-rosalia-2018-abrideafiestra.html

Un sapoconcho ven de visita
Hoxe Antón, de primeiro de primaria, trouxo ao cole a súa tartaruga e, acompañado da súa profe Victoria, quixo ensinala aos Pequerrech@s.
Encantounos a visita. Moitas grazas Antón!
Encantounos a visita. Moitas grazas Antón!
Proxecto "As Profesións": Mariscadora
Esta semana Ángeles, a mamá de Hugo, veu explicarnos como é o seu
traballo. Contounos moitísimas cousas que fan as mariscadoras.
Ensinounos o seu traxe de neopreno, que a protexe da auga, a humidade e o
salitre; un angazo que utiliza para remover
a area e deixar ao descuberto o berberecho, a ameixa…; e tamén nos mostrou
as ameixas, berberechos... e un caranguexo.
Moitas grazas Ángeles!!!
Tedes toda a información no blogue da porfe Belén:
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/02/visita-dunha-mariscadora.html
Moitas grazas Ángeles!!!
Tedes toda a información no blogue da porfe Belén:
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/02/visita-dunha-mariscadora.html
16 de febreiro de 2018
Pam vai de visita
Esta fin de semana Pam está de visita na casa de Louay, farán un montón de cousas xuntos e o pasarán xenial. Seguro!!!
15 de febreiro de 2018
Evelio cultiva cabazas
Hoxe Evelio, da aula de tres anos, trouxo unha planta ao cole, unha cabaceira. Explicounos que puxera terra nun testo, fixera un buraco nela e botara a semente. Logo botoulle auga e esperou varios días a que agromara. Agora só ten que esperar un pouco máis a que medre a plantiña e naza unha nova cabaciña.
Nós xa sabiamos moitas cousas das cabazas porque polo Samaín trouxeramos algunhas decoradas e tamén nos gustan moitas comidas nas que se utilizan: cremas, sopas, biscoitos,.. Hoxe lembramos todo isto e tamén pescudamos máis cousas nos libros, na internet...
Moitas grazas Evelio!

PDI: "O meu amigo o robot"
Estes días, pescudando na biblioteca atopamos moitos libros de robots, contos de robots que divirten e que ensinan. Como gozamos con eles!
Tamén en casa seguimos investigando. Neste vídeo, Lucas amosa outro robot que utilizan os seus papás. Seguro que non son os únicos que teñen un na súa cociña, non si?
Pequerrech@s da Carballeira: Lucas R2 from Educación Infantil on Vimeo.
Moitas grazas Lucas!

11 de febreiro de 2018
Terceiro premio!!!
Todo esforzo ten a súa recompensa. As horas e horas traballadas por tantas mans desinteresadamente para que tod@s pudieramos lucir estes disfraces tan fantásticos tiveron o seu recoñecemento no Desfile Infantil do Concello de Marín cun estupendo terceiro premio. Parabéns!!!!
Festa rachada na Carballeira!!!
Que ben o pasamos na festa de Entroido!
Estabamos guapísimos todos cos nosos difraces de R2-D2
Logo tivemos sesión de fotocol.
Despois houbo desfile e, como o tempo permitiuno, puidemos facelo no patio.
A continuación....a merendar!
E xa por último, xogos e baile.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa que fixo posible esta mañá tan fantástica!!!

8 de febreiro de 2018
Quentando motores
Todo preparado para a festa de mañá.
O noso corredor, engalanado cun mural fantástico.
O que ordenou Mariano, todo todiño cumprido.
E os disfraces.... vide mañá e veredes.
Filloas, orellas, chocolatada, desfile, xogos, baile... esperámosvos!!!
O noso corredor, engalanado cun mural fantástico.
E os disfraces.... vide mañá e veredes.
Filloas, orellas, chocolatada, desfile, xogos, baile... esperámosvos!!!
Deica logo, profe Marta!
A profe Marta déixanos por este curso. Porque a queremos tanto, para despedila regalámoslle un caderno con debuxos de todos nós.
Boa sorte profe Marta, botarémosche de menos!
Boa sorte profe Marta, botarémosche de menos!
Proxecto "As Profesións": Carteiro
Seguindo co proxecto das profesión, esta semana visitounos Ernesto, un carteiro moi simpático que veu contarnos moitísimas cousas do seu traballo.
Explicounos que datos deben de levar as cartas para chegar ao seu destino e porqué hai que poñerlles un selo, que se utilizan diferentes medios de transporte en función do lonxe ou preto que estea o seu destino, que tamén se poden enviar paquetes...
Ensinounos o seu carriño de repartición, a bolsa de envíos asegurados, os sobres e uns selos chulísimos de foguetes espaciais e de dinosauros.
Ensinounos o furgón de correos, o casco que utiliza cando vai en moto e a PDA que lle facilita o seu traballo á hora de repartir os envíos.
E o mellor foi que nolo deixou probar todo.
Antes de marchar regalounos un cómic de Correos, "A viaxe de Gustavo", un marcapáxinas e caramelos.
Moitas grazas Ernesto!!!
Tedes máis fotos aquí.
Unha lección maxistral
Hoxe na aula de tres anos tivemos un profe de auténtico luxo.
Pablo, acompañado do seu amigo Manuel, veu explicar aos pequenos como funciona un computador de Peppa Pig que teñen en clase.
Con moita habelencia contou como funciona e todo o que podes aprender con el: música, cores, números e letras.
Despois comprobou que todos estiveron moi atentos e entenderon perfectamente todo o explicado.
Encantounos a experiencia. Moitas grazas!!!
Mochilas viaxeiras: Andrés, Eder e Evelio
As mochilas viaxieiras son unha oportunidade de compartir coa familia o pracer pola lectura. Estes días estarán nas casas de Andrés, Eder e Evelio. Esperamos que pasedes moi bos momentos con elas.
5 de febreiro de 2018
Feliz aniversario Jose!!!
Hoxe, na aula dos pequenos houbo celebración.
Jose cumpría catro anos e quixo celebralo con todos os compañeiros repartindo unhas lambetadas deliciosas. Moitas grazas!
Parabéns Jose!!!
Jose cumpría catro anos e quixo celebralo con todos os compañeiros repartindo unhas lambetadas deliciosas. Moitas grazas!
Parabéns Jose!!!
Obradoiro de disfraces
Desde hai varios días, e como en cursos anteriores, a ANPA do cole está a
traballar decontino na elaboración dos disfraces de Entroido de todos os nenos do
cole, este ano relacionados co proxecto de robótica.
Este luns, a ANPA organizou un obradoiro para que os papás e mamás puidesen vir ao cole para traballar man a man cos Pequerrech@s e rematar a elaboración dos disfraces, unha oportunidade excelente de compartir esta actividade en familia dentro da contorna escolar. Moitas gazas pola vosa colaboración!
E lembrade que mañá toca algo no pescozo!

2 de febreiro de 2018
Achégase o Entroido!
Estamos quentando motores, xa case está aquí o Entroido.
Nós temos moitísimas
sorpresas para estas datas. De momento ide anotando que comeza unha
semana divertidísima.
1 de febreiro de 2018
PDI: "O meu amigo o robot"
Para que serven os robots? De que están feitos? Quen os constrúe? Como funcionan?…
Na aula de tres anos estamos a investigar para dar resposta a estas preguntas e a outras máis que poidan ir xurdindo cada día. Estamos recibindo moito material para o noso recuncho do proxecto.
Os Pequerrech@s están a descubrir que o mundo está cheo de robots. Neste vídeo Lucas móstranos un que utiliza todos os días...
Pequerrech@s da Carballeira: Lucas from Educación Infantil on Vimeo.
Seguro que nas nosas casas podemos atopar algúns máis.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

Feliz aniversario Mauro!!!
Hoxe celebramos o primeiro aniversario do ano. Mauro xa ten cinco anos e quixo celebralo cos seus compañeiros.
Parabéns Mauro!!!
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/01/cumple-de-mauro.html
Parabéns Mauro!!!
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/01/cumple-de-mauro.html
Proxecto "As Profesións": Pasteleiro
Este mércores tivemos obradoiro de pastelería para coñecer polo miúdo este traballo que fai tan felices aos máis lambones da casa. O noso pasteleiro tiña todo preparado para poder facer uns mini croissants e unhas madalenas pero só tivemos tempo para os croissants.
Cortou a masa en forma de triangulo que repartiu a cada un para que puidesen dar forma ao seu croissant enrolándoo desde a parte máis ancha á máis estreita. Logo colocáronse nas bandexas e...ao forno.
Cando estiveron preparados foi un visto e non visto. Estaban para chuparse os dedos!
As madalenas xa están preparadas para poder merendarlas mañá. Seguro que tamén están deliciosas!
Moitas grazas por esta visita tan doce!!!
Tedes as fotos aquí.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)