1 de febreiro de 2018

PDI: "O meu amigo o robot"

Para que serven os robots? De que están feitos? Quen os constrúe? Como funcionan?…

Na aula de tres anos estamos a investigar para dar resposta a estas preguntas e a outras máis que poidan ir xurdindo cada día. Estamos recibindo moito material para o noso recuncho do proxecto. 

 Os Pequerrech@s están a descubrir que o mundo está cheo de robots. Neste vídeo Lucas móstranos un que utiliza todos os días... 

Pequerrech@s da Carballeira: Lucas from Educación Infantil on Vimeo.

Seguro que nas nosas casas podemos atopar algúns máis.

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

Ningún comentario:

Publicar un comentario