Explicounos que datos deben de levar as cartas para chegar ao seu destino e porqué hai que poñerlles un selo, que se utilizan diferentes medios de transporte en función do lonxe ou preto que estea o seu destino, que tamén se poden enviar paquetes...
Ensinounos o seu carriño de repartición, a bolsa de envíos asegurados, os sobres e uns selos chulísimos de foguetes espaciais e de dinosauros.
Ensinounos o furgón de correos, o casco que utiliza cando vai en moto e a PDA que lle facilita o seu traballo á hora de repartir os envíos.
E o mellor foi que nolo deixou probar todo.
Antes de marchar regalounos un cómic de Correos, "A viaxe de Gustavo", un marcapáxinas e caramelos.
Moitas grazas Ernesto!!!
Tedes máis fotos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario