Esta semana Ángeles, a mamá de Hugo, veu explicarnos como é o seu
traballo. Contounos moitísimas cousas que fan as mariscadoras.
Ensinounos o seu traxe de neopreno, que a protexe da auga, a humidade e o
salitre; un angazo que utiliza para remover
a area e deixar ao descuberto o berberecho, a ameixa…; e tamén nos mostrou
as ameixas, berberechos... e un caranguexo.
Moitas grazas Ángeles!!!
Tedes toda a información no blogue da porfe Belén:
https://aprofebelen.blogspot.com.es/2018/02/visita-dunha-mariscadora.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario